LAURA TRIÑANES

Laura Triñanes nace da necesidade de crear unha marca 100% eu e unha forma de vida. Unha xoiería ética e sostible
Son pezas minimalistas e moi femininas. Xoias
atemporais cunha forte identidade. Podedes atopar desde formas xeométricas a formas orgánicas, todo dentro dun equilibrio. Unha xoiería de formas e contrastes na que a veces aparece un contraste entre a súa aparencia e a súa funcionalidade. As xoias que saen do meu taller son pezas únicas que parten dun deseño en común, utilizando técnicas da xoiería tradicional.

Nunha historia hai polo menos dous puntos de vista 
A que regala/a que lle regalan
A que crea/a que a goza
A que a vive/o que a observa

Que historia vos gustaría contar
a través dunha xoia?
Goza das formas e contrastes das miñas xoias para atopar a túa versión da historia. O valor do artesán e o feito a man. Desde o meu taller en Galicia son fiel ás técnicas da xoiería tradicional, cada peza é traballada unha a unha, facendo de
elas pezas únicas. Por iso o meu taller pertence a “obradoiros de Artesania de Galicia” que garante o bo facer dos seus talleres.

Lo sentimos, no hay productos que coincidan con su búsqueda.